O Centro Dramático Galego (CDG) presentou hoxe a estrea de Divinas Palabras Revolution, a súa nova produción propia, que erguerá por primeira vez o pano este xoves 12, ás 21,00 h., no Salón Teatro de Santiago. Na sede da compañía pública poderá verse ata o 29 de abril, con catro funcións semanais para público xeral e pases matinais para escolares, antes de iniciar unha xira de dous meses por outros oito escenarios galegos mais o Teatro Español de Madrid.
Tag Archive for CDG
Elefante Elegante pecha esta fin de semana o ciclo de Nadal do Salón Teatro con ‘Danza da choiva’
Este espectáculo sen palabras combina teatro xestual, danza e manipulación de obxectos e monicreques nunha proposta para público familiar
O ciclo ‘Gran teatro para os máis pequenos’ do Salón Teatro de Santiago rematará esta fin de semana cunha nova oferta dobre que combina a posta en escena de ‘Danza da choiva’, de Elegante Elegante, cun taller de son para público infantil. Concluirá así a programación especial deseñada polo Centro Dramático Galego (CDG) para celebrar o Nadal na súa sede xunto aos espectadores máis novos, así como para facilitar a conciliación familiar durante estas festas.