Tag Archive for Cidade da Cultura

A Cidade da Cultura festexa o Día do Libro cun concerto do cantautor brasileiro Gustavo Almeida na biblioteca de Galicia

Cantautor brasileiro Gustavo Almeida.

A Cidade da Cultura celebrará este venres, 26 de abril, un concerto do cantautor brasileiro Gustavo Almeida na Biblioteca e Arquivo de Galicia, dentro do programa de actividades da Dirección Xeral de Políticas Culturais para conmemorar o Día do Libro, que se festexa hoxe mesmo (23 de abril). O artista, que leva 20 anos instalado en Galicia, actuará coa súa banda no Auditorio Neira Vilas e as entradas xa están á venda.

Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada

A Cidade da Cultura abre ao público o novo espazo verde do Xardín do Teatro

O Gaiás transforma o baleiro deixado polo edificio non construído do Teatro da Música nun espazo verde de 11.574 m2 dedicados á cultura, ao deporte e ao lecer.

O Gaiás transforma o baleiro deixado polo edificio non construído do Teatro da Música nun espazo verde de 11.574 m2 dedicados á cultura, ao deporte e ao lecer.

A Cidade da Cultura abrirá mañá ao público o Xardín do Teatro, o espazo verde co que culmina a transformación do baleiro deixado polo Teatro da Música, un dos dous edificios do Gaiás que non se chegou a rematar. Este novo xardín, de 11.574 metros cadrados, conta con especies botánicas procedentes de diferentes partes do mundo, un auditorio ao aire libre, estanques, instalacións para practicar deportes urbanos e áreas de lecer para gozar da natureza.

Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada

Incorporase ao Edificio Fontán na Cidade da Cultura

O Instituto de Ciencias do Patrimonio contribuirá a preservar a identidade cultural de Galicia e a apostar por un turismo sustentable e de calidade

Fixará poboación nas zonas rurais

Cun equipo cun alto nivel de internacionalización, o Incipit compartirá espazos cos outros tres centros que albergará o edificio Fontán, o que permitirá a optimización de recursos, aseguran desde a Xunta. 

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, afirmou este martes, durante o acto de sinatura, que esta nova incorporación do Instituto de Ciencias do Patrimonio ao Edificio Fontán contribuirá a seguir facendo do Gaiás un polo de cultura, coñecemento e investigación. O Consello da Xunta aprobou o pasado xoves o acordo co Consello Superior de Investigación Científicas (CSIC) para trasladar o Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) á Cidade da Cultura. 

Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada

A Cidade da Cultura acolle a ‘YAMsession 2018’, o maior encontro europeo para profesionais da música e da educación

Programadores, produtores, músicos e docentes que traballan para o público infantil e xuvenil participarán do 17 ao 19 de outubro nunhas xornadas inspiradoras con relatores e artistas internacionais

A Cidade da Cultura de Galicia convértese este outono no lugar de encontro para músicos e educadores de toda Europa, ao acoller do 17 ao 19 de outubro, a YAMsession 2018. Trátase dun evento para coñecer o panorama da produción musical para público infantil e xuvenil e as novas correntes que se están a desenvolver a nivel europeo, así como para xerar oportunidades de colaboración entre programadores, produtores, artistas e profesores de música nacionais e internacionais.

Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada

A Cidade da Cultura convida a gozar dun verán con preto de 70 actividades de lecer, ao aire libre e vinculadas coa natureza

gaiasUn total de 67 actividades de lecer e culturais, ao aire libre e en contacto coa natureza, e pensadas para todos os públicos. Esta é a carta de presentación de Verán no Gaiás, a programación da Cidade da Cultura para os meses estivais e na que se prevé que participen máis de 50.000 persoas en ciclos que xeran grande expectación e demanda, como Atardecer no Gaiás, Cidade Imaxinaria, As Astronómicas, as acampadas de Unha noite no Bosque ou As Nocturnas, visitas comentadas á noitiña ás exposicións con música e petiscos.

Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada
1

O Centro de Emprendemento do Gaiás apoia a formación dunha vintena de mozos e mozas en desenvolvemento de videoxogos

O secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Jesús Oitavén, remarcou na xornada de peche do programa a necesidade de “mellorar as competencias emprendedoras en áreas en crecemento como a industria do videoxogo”.

O Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura de Galicia acolleu hoxe a clausura e entrega de diplomas do programa Constrúe o teu futuro: Videoxogos e Emprendemento, organizado pola Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, a Cidade da Cultura a través do seu Centro de Emprendemento e a Fundación Incyde, co financiamento do Fondo Social Europeo. O acto, que se celebrou na sala Eisenmann do Gaiás, estivo presidido polo secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Oitavén; o secretario xeral da Cámara, Fernando Barros; e o director de Proxectos da Fundación Incyde, Juan Vila-Coro.

Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada

55 piezas de María Moreira destacan su contribución al textil gallego en la Cidade da Cultura

La secretaria general de la Igualdad y el secretario general de Cultura presentaron hoy la muestra, con una selección de más de 50 piezas del archivo profesional de María Moreira, que se custodia en el Archivo de Galicia.

El Archivo de Galicia pone en valor la labor pionera de la diseñadora gallega María Moreira a través de la exposición ‘Mujeres singulares’. La muestra documental, que se puede visitar desde hoy en la Cidade da Cultura, fue presentada esta mañana por la secretaria general de la Igualdad, Susana López Abella, por el secretario general de Cultura, Anxo Lorenzo, y por la directora-gerente de la Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez Reboredo, con motivo del Día Internacional de la Mujer.

Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada
3