Tag Archive for Emprega Xuventude

A Xunta amplía o bono de 7000 euros de Emprega Xuventude a todos os sectores para apoiar a contratación de 300 menores de 30 anos

O paro xuvenil reduciuse nos últimos 12 meses na Comunidade nun 14,13% e o pasado ano pechou cun incremento do 18,08% da contratación indefinida deste colectivo.

O paro xuvenil reduciuse nos últimos 12 meses na Comunidade nun 14,13% e o pasado ano pechou cun incremento do 18,08% da contratación indefinida deste colectivo, segundo a Xunta.

A través dun bono de 7000 euros, esta iniciativa financia nas empresas a formación á carta dos traballadores e incentiva a súa contratación. Este ano, como novidade, amplíase o programa a todos os sectores de actividade (en 2017 limitouse ás empresas da Industria 4.0 e a agroalimentación) para contratar 300 menores de 30 anos. Para iso, a Consellería de Economía, Emprego e Industria investirá preto de 1,9 millóns de euros.

Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada