Tag Archive for Festa do Corpus Christi

Turismo de Galicia apoia a celebración e promoción da Festa do Corpus Christi de Ponteareas cunha achega de 40.000 euros

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, o alcalde de Ponteareas, Xosé Represas e o delegado da Xunta.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, o alcalde de Ponteareas, Xosé Represas e o delegado da Xunta.

Turismo de Galicia apoiará un ano máis a celebración e promoción da Festa do Corpus Christi de Ponteareas, unha das nove festas de Interese Turístico Internacional que teñen este recoñecemento en Galicia e que celebrará esta mesma fin de semana a súa tradicional noite de alfombras para a posterior procesión dominical. Este respaldo da Administración autonómica materializouse hoxe co acto de sinatura dun convenio a tres bandas entre Turismo de Galicia, o Concello de Ponteareas e Abanca, en virtude do cal a Xunta achegará 40.000 euros para colaborar na organización.

Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada