Tag Archive for Galiciencia

O proxecto de recuperación da biodiversidade no rural gaña o primeiro premio da Galiciencia 2018

Lidia Barreira e María Bouso, do IES San Rosendo de Mondoñedo, recolleron o galardón absoluto do certame en representación do equipo de oito investigadores responsable da iniciativa de ciencia cidadá

 

Primeiro premio.

Primeiro premio. Alumnas: Lidia Barreira González e María Bouso. Docente: Óscar Chao Penabad.

O proxecto de ciencia cidadá para a recuperación da biodiversidade no rural desenvolvido por oito estudantes lugueses é o gañador absoluto da Galiciencia 2018. A iniciativa “Rebinxe”, representada na maior feira científica de Galicia por Lidia Barreira e María Bouso, do IES San Rosendo de Mondoñedo, foi o mellor valorado polos 40 membros do xurado entre os 50 proxectos que competían polo premio final, dotado con 1000 euros para financiar a súa participación noutra feira científica de carácter estatal, a Exporecerca 2019 (Barcelona). 

Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada