Tag Archive for Ganado

Pontevedra, provincia oficialmente indemne de tuberculose bovina pola Unión Europea

A Xunta, a través da Consellería do Medio Rural, amosa a súa satisfacción pola declaración de Pontevedra como provincia oficialmente indemne de tuberculose bovina conforme á normativa comunitaria, unha decisión adoptada hoxe na reunión en Bruxelas do Comité Permanente de Vexetais, Animais, Alimentos e Pensos (Comisión Europea). A decisión foi adoptada por unanimidade de todos os estados membros e entrará en vigor, formalmente, cando se publique no Diario Oficial da Unión Europea (DOUE), o que está previsto para o vindeiro mes de xaneiro.

Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada

A Xunta pagará antes de que remate este mes máis de 80 millóns de euros do anticipo da PAC a 50.000 beneficiarios

A titular de Medio Rural sinalou que aproximadamente o 98% das axudas do 2016 están xa aboadas

Angeles VazquezA Consellería do Medio Rural fará efectivos, antes de que remate este mes, o pago de máis de 80 millóns de euros correspondentes ao anticipo da PAC da campaña 2017 que chegará a uns 50.000 beneficiarios. Así o anunciou a titular do departamento, Ángeles Vázquez, na visita a unha explotación de carne de vacún na localidade luguesa de Friol.

Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada