Tag Archive for I Congreso Internacional ‘O Camiño do Medievalista’

Tania Vázquez, investigadora: “En ningún texto lírico galego-portugués se fai alusión as actividades artísticas [das soldadeiras] coas que tradicionalmente se relacionaron, senón simplemente aos seus vicios”

Unha investigadora galega defende o papel artístico das mulleres que acompañaban aos trobadores con cantos, música e danzas, fronte á visión misóxina que a literatura foi perpetuando.

Unha investigadora galega defende o papel artístico das mulleres que acompañaban aos trobadores con cantos, música e danzas, fronte á visión misóxina que a literatura foi perpetuando.

A investigadora de Literatura Medieval da Universidade de Santiago Tania Vázquez García afondou na figura das soldadeiras no I Congreso Internacional ‘O Camiño do Medievalista’. Eran as mulleres que acompañaban aos trobadores con cantos, música e danzas. “Trátase dun dos axentes culturais máis controvertidos relacionados coa representación dos textos líricos galego-portugueses diante dun público, xa que nas cantigas de escarnio aparecen ridiculizadas polos seus vicios e costumes relaxados. Esta visión consolidouse nos estudos críticos clásicos e perpetuouse ata a actualidade”, indicou a investigadora.

Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada