Tag Archive for Museo Centro Gaiás

O Museo Centro Gaiás combina arte, música e petiscos nunhas visitas comentadas ás súas exposicións os venres á noite

Os venres 24 e 31 de agosto os participantes poderán visitar a mostra ‘Baldomero Pestana, a verdade entre as mans’, que pecha as súas portas o 2 de setembro.

A Cidade da Cultura programa para as noites dos venres de final do verán unha descuberta diferente e distendida das grandes exposicións que acolle arestora o Museo Centro Gaiás: Baldomero Pestana, a verdade entre as mans e Galicia Universal. A arte galega nas colección de ABANCA e Afundación. Será a través das Nocturnas, unhas visitas comentadas moi especiais, fóra do horario habitual de apertura do centro, que rematarán da mellor maneira: con boa música e petiscos.

Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada