Tag Archive for Museo do Pobo Galego

O CGAC celebra o seu 25 aniversario con música, obradoiros, danza, cinema e unha intervención lumínica de Javier Riera

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e o director do Centro Galego de Arte Contempor‡nea, Santiago Olmo, presentaron en rolda de prensa a programación conmemorativa do 25 aniversario do CGAC.

O Centro Galego de Arte Contemporánea celebra o seu 25 aniversario con música, obradoiros, danza, cinema e unha intervención lumínica de Javier Riera, que poñerá en valor a colaboración entre Álvaro Siza, arquitecto do CGAC, e a paisaxista galega Isabel Aguirre para crear o parque de Bonaval. Trátase dunha programación con actividades destinadas a atraer un gran número de persoas a este “espazo aberto para o desenvolvemento, impulso e promoción da arte galega actual”, segundo o definiu o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, durante a rolda de prensa de presentación das iniciativas.

Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada

O Museo do Pobo Galego vai ampliarse para incorporar unha sección de Historia Contemporánea e Autonómica

O titular da Xunta, acompañado do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, presidiu o acto do XL Aniversario do Museo do Pobo Galego.

O titular da Xunta, acompañado do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, presidiu o acto do XL Aniversario do Museo do Pobo Galego.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe que as institucións que sosteñen e impulsan o Museo do Pobo Galego están “comprometidas coa súa ampliación, creando unha sección de Historia Contemporánea e Autonómica de Galicia”, coa previsión de que estea rematada en 2020, no ano anterior ao Xacobeo 2021.

Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada