Tag Archive for Pendellos de Agolada

Os visitantes do ‘O Corazón da Artesanía’ poderán iniciarse na cestería, na cerámica, na elaboración de calzado, no tecido, na manipulación de papel, na pintura sobre tecido ou nos tapices

O encontro corazón da artesanía arranca mañá nos pendellos de Agolada como a gran festa dos oficios, a música e a gastronomía galega.

O encontro corazón da artesanía arranca mañá nos pendellos de Agolada como a gran festa dos oficios, a música e a gastronomía galega.

O Corazón da Artesanía. VII Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia, organizado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, volverá encher esta fin de semana o complexo histórico-artístico dos Pendellos de Agolada (Pontevedra). Este encontro convértese cada ano nun evento integral de divulgación e de posta en valor da artesanía e dos oficios artesáns, así como da súa interrelación coa música, a gastronomía e outras disciplinas artísticas, a través dun amplo programa de actividades.

Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada