Tag Archive for Terra de Asorei

Entre as vantaxes de etiquetar os viños en galego, o produto ten que distinguirse e o noso idioma funciona coma unha marca de autenticidade

JoséRamón Durán de Terra de Asorei. ARCHIVO.

JoséRamón Durán de Terra de Asorei. ARCHIVO.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, abriu hoxe ao serán en Cambados o VIII Foro do Albariño e deu conta na súa intervención das vantaxes de etiquetar os viños en lingua galega. O evento sectorial, que se centra desta volta nos retos do albariño no futuro, promoveuno a Asociación Adegas do Salnés e Adegas Terra de Asorei, co apoio, entre outras entidades, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e celebrouse no cambadés Pazo da Ulloa.

Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada

Roque Durán, presidente de Adega Terra de Asorei: “É un prestixio e un orgullo presentarnos no mundo cun viño que é galego, que fala galego e que exhibe o selo de Galicia Calidade”

Quere un viño albariño “interclasista” que polo seu prezo “axeitado” sexa accesible a todo o mundo

IMG_7434

Roque Durán, presidente e conselleiro delegado de Adega Terra de Asorei, nas instalacións da adega en San Martiño, Meis, Pontevedra.

Na adega Terra de Asorei hai un apaixonado do viño e de xeito especial da uva Albariña. Un home de liderado, de unión, de capacidade de aglutinar arredor de si para un proxecto a outros grazas á súa capacidade de albiscar aquilo que está por vir. Unha especie de catalizador de empresarios que foi quen de transformar viticultores e adegueiros en membros dun consello de administración; de profesionalizar empresas familiares e de abrir camiño comercial pasando de mercados locais a mercados estranxeiros. Conseguiu que “os socios se motivasen para traballar en común e chegar a ter unha empresa común”.

Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada
2