Tag Archive for Verano

O verán galego foi cálido e húmido cunha diferencia de 0.71ºC da temperatura media e un 32% máis de chuvia media rexistrada

A directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático e o director de Augas de Galicia (i.) informaron esta mañá dos valores de chuvia, temperatura e caudal dos ríos rexistrados nos meses estivais.

O verán na Comunidade galega foi unha estación cálida e húmida, á vista dos rexistros de temperatura e precipitacións que esta mañá a directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Cruz Ferreira Costa, e o director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez Martínez, presentaron en rolda de prensa. A diferencia da temperatura media para a serie rexional situouse nun +0.71ºC, xunto coa anomalía media das precipitacións dun 32% superior ao valor normal, fan que poida considerarse como un verán cálido e húmido.

Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada

A Cidade da Cultura convida a gozar dun verán con preto de 70 actividades de lecer, ao aire libre e vinculadas coa natureza

gaiasUn total de 67 actividades de lecer e culturais, ao aire libre e en contacto coa natureza, e pensadas para todos os públicos. Esta é a carta de presentación de Verán no Gaiás, a programación da Cidade da Cultura para os meses estivais e na que se prevé que participen máis de 50.000 persoas en ciclos que xeran grande expectación e demanda, como Atardecer no Gaiás, Cidade Imaxinaria, As Astronómicas, as acampadas de Unha noite no Bosque ou As Nocturnas, visitas comentadas á noitiña ás exposicións con música e petiscos.

Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada
1