El lago de los cisnes del Ballet Nacional Ruso en Santiago

O lago dos cisnes a cargo do Ballet Nacional Ruso de Serguey Radchenko.

Afundación, la Obra Social de ABANCA, presenta la nueva propuesta del Ballet Nacional Ruso de El lago de los cisnes en el Auditorio ABANCA Santiago de Compostela, este jueves 24 de octubre, a las 20.30 horas. En esta ocasión la reconocida compañía representa en Galicia este epítome atemporal de los ballets clásicos que narra la historia de Odette, una joven víctima del hechizo del terrible brujo Von Rothbart que la convierte en cisne durante el día, recuperando su forma humana durante la noche. Solo una declaración de amor verdadera la podrá liberar de la maldición. 

A Xunta destaca ao atleta Francisco Pérez pola súa “capacidade de superación, o esforzo, o sacrificio e a constancia”

 O atleta olívico tamén forma parte da lista de deportistas galegos e galegas que participan na campaña NON de prevención e sensibilización contra a violencia de xénero.

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, mantivo na mañá de hoxe un encontro de traballo con Francisco Pérez Carrera, que vén de acadar dúas medallas de ouro en 110 metros valados e en salto con pértega así como unha medalla de prata en héptatlon durante os Campionatos do Mundo de Atletismo ‘INAS Global Games’ para persoas con discapacidade intelectual que se disputan en Brisbane (Australia). Ademais, o atleta vigués da Asociación Viguesa de Atletismo foi nomeado o mellor atleta masculino do campionato.

Presentado o ensaio ‘Roberto Vidal Bolaño. Unha poética teatral xenuinamente galega’ do profesor e colaborador do CRPIH Manuel Quintáns Suárez

“Este ensaio que pon o foco nun autor fundamental das nosas letras”, dixo Valentín García.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu hoxe ao serán, na Casa da Cultura de Brión, á presentación dunha nova publicación do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH). Trátase do ensaio Roberto Vidal Bolaño. Unha poética teatral xenuinamente galega, da autoría do profesor, investigador e colaborador do CRPIH Manuel Quintáns Suárez.

Xunta e CCOO coinciden na importancia de impulsar unha transición enerxética xusta para Galicia

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo unha reunión esta tarde en Santiago de Compostela con representantes da Federación de Industria deste sindicato.

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo esta tarde en Santiago de Compostela unha reunión con representantes da Federación de Industria de CCOO para avaliar solucións conxuntas ante os desafíos dunha transición enerxética xusta. Conde salientou a necesidade deste tipo de encontros para favorecer o diálogo activo entre os principais axentes do sector, establecendo solucións consensuadas que permitan definir novas liñas de actuación.

A selección do persoal para os obradoiros de emprego en Lugo impulsados pola Xunta realizarase do 30 de outubro ao 26 de novembro

Na provincia de Lugo desenvolveranse a través desta convocatoria 14 talleres,12 deles duais, que son os que agora inician o proceso de selección.

O proceso de selección do persoal participante nos obradoiros de emprego de Lugo financiados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria desenvolverase entre os días 30 de outubro e 26 de novembro.