No marco do programa ‘Xuventude Crea’

A colección gañadora na modalidade de Moda foi Tomba, da pontesa Noelia Tojeiro, mentres que o gañador en Deseño de xoias foi Sergio Pazos, de Porto do Son, pola súa obra Mares de Prata

Foron seis as rapazas e rapaces que chegaron á final na categoría de Moda e dez os finalistas na especialidade de Deseño de xoias.

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, entregou esta tarde os premios Xuventude Crea 2019 nas modalidades de Moda e Deseño de xoias. Na categoría de Moda o primeiro premio foi para Noelia Tojeiro, das Pontes, pola súa colección Tomba. No caso do Deseño de xoias o gañador foi Sergio Pazos Maneiro, natural de Porto do Son, pola súa obra Mares de prata.

A Xunta aproba a declaración de cinco novas aldeas modelo en varios concellos de Ourense e no lugués do Incio

Trátase das de Penedo (Boborás), Muimenta (Carballeda de Avia), Infesta (Monterrei) e Trabazón (O Irixo), todas na provincia de Ourense, e da de Trascastro (O Incio), na de Lugo

A Consellería do Medio Rural recibiu xa 47 solicitudes para poñer en marcha aldeas modelo, das que están en trámite máis de 20, que suporán a posta en valor de máis de 620 hectáreas en case 13.000 parcelas duns 3.200 propietarios.

O Consello Reitor da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), presidido polo conselleiro do Medio Rural, José González, aprobou hoxe formalmente a declaración de cinco novas aldeas modelo en Galicia. Trátase das de Penedo (Boborás), Muimenta (Carballeda de Avia), Infesta (Monterrei) e Trabazón (O Irixo), todas elas na provincia de Ourense, e da de Trascastro (O Incio), na de Lugo.

16 de novembro 2019 a 26 de janeiro 2020

Cien artistas componen esta edición 2019 de la bienal de arte arcuense, D’Art-Vez

En esta ocasión en recuerdo del escritor Francisco Teixeira de Queiroz

La Bienal de Artes ‘D’Art Vez’ en su edición de 2017.

“En el año en que Arcos de Valdevez celebra el recuerdo de una de sus figuras culturales más eminentes, el escritor Francisco Teixeira de Queiroz, D’Art-Vez también toma esta celebración como el principal foco de influencia y reflexión de aproximadamente cien artistas que componen esta edición 2019 de la bienal de arte arcuense” escribe el regidor arcuense, João Manuel Esteves.

Sportour engade á feira a organización de actividades deportivas e exhibicións

Outra edición de Sportour. ARQUIVO.

A terceira edición de ‘Sportur Galicia’, Salón do Deporte e Turismo Activo de Galicia, converte un ano máis á cidade das Burgas no escaparate do turismo activo e do deporte. Este evento ten como obxectivo promover Galicia como destino perfecto para o binomio turismo-deporte durante todo o ano e está destinado a todos os públicos -deportistas, afeccionados ou principiantes de todas as idades-.

Medio rural imparte formación sobre o aproveitamento dos soutos para que os mozos se incorporen ao sector gandeiro e agroforestal liderado por Galicia

Nos sotos predomina o castieñeiro.

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal) organiza diferentes xornadas formativas sobre o aproveitamento sustentable dos soutos, en colaboración coa Indicación Xeográfica Protexida Castaña (IXP) de Galicia. Estas accións están integradas no Plan de formación ao agro galego que desenvolve a Consellería por medio de Agacal.

Ponteareas axudará aos colectivos na realización de pequenas obras de interese veciñal

A convocatoria que se publicará no B.O.P contempla 10.000€ para as asociacións que non se benefician dos máis de 300.000€ que o concello destina a axudas a distintos tipos de colectivos

Reunión comunidades de montes ponteareáns.

O concello de Ponteareas acaba de publicar as bases da subvención para investimentos destinada a colectivos de interese veciñal (asociacións veciñais, asociacións culturais e comunidades de montes). O prazo para solicitar estas axudas comezará a contar ao día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e será de 7 días naturais.